Axenda de actividades

Encontros de convivencia cos maiores: Neste curso quedan dous encontros programados. O de Lousada que está para o día 10 de abril queda suprimido xa que é o día que imos a Lugo celebrar o Xubileo da Misericordia.

O último encontro deste curso no Priorato será o día 24 de abril.

Excursión a Vigo: Como clausura dos encontros de convivencia cos maiores teremos unha excursión a Vigo.  Será o día 28 de maio. Os interesados  deberán anotarse antes do  21 de maio.

Vacacións – convivencia cos maiores: Serán do 15 ó 22 de abril. O destino será Cáceres donde visitaremos: O Valle del Jerte, Mérida, Trujillo e o Mosteiro de Guadalupe; e Cádiz donde visitaremos, El Puerto de Santa María e Jerez de la Frontera. Estas vacacións son para os maiores, pero tamén poden participar outras persoas adultas que o desexen.  Queda algunha plaza libre. Se alguén o desexa deberá inscribirse  antes do día 3 de abril.

Camiño de Santiago: Faremos c camiño de Santiago desde Ribadeo a Santiago. Será do 4 ó 9 de xullo. Esta organizado para maiores de 18 anos.

Campamento de rapaces: Temos programado o campamento para rapaces do 11 ó 16 de xullo. Levarase a cabo sempre que se xunte un grupo considerable de participantes.

Excursión de convivencia interxeracional: Será o sábado, día 6 de agosto.

XXVI festa de convivencia cos nosos maiores: Será o día 21 de agosto no Castro de Lourido.

Viaxe cultural para voluntarios e colaboradores da Fundación: Será do 24 ó 31 de agosto. Visitaremos Huesca e Jaca.