Xermolos
  Nacemento e constitución legal
  Logotipo
  Órganos rectores
  Domicilio social
  Parroquias
  Calendario
  Pastoral
  Axenda de Actividades
  Compartindo
   (Folla interparroquial)
  Foro
  Boletín semestral
  Colaboradores

Páxina patrocidada por Clinor


Compartindo (Folla interparroquial)


Nº 86 Martes, 17 Feb 2009
Lembramos

Encontros de convivencia cos maiores:

  • En Lousada será o domingo, día 15 de febreiro. Comezamos á 1 coa celebración da Santa Misa. A continuación compartiremos o xantar e na sobremesa haberá xogos e sorpresas de carnaval. Remataremos sobre as 5,30.
  • En Lóuzara (no Priorato) será o domingo, día 22 de febreiro. Empezaremos ás 12 coa Santa Misa. A continuación compartimos o xantar e  na sobremesa xogos, disfraces e sorpresas.

Agradecemos que os que vaian participar nos avisen dous días antes chamando ao teléfono 982.18.70.04, coa finalidade de poder preparar a comida necesaria. Os que non teñan forma de desplazarse que nolo digan que os imos a buscar sen problema ningún.
Vacacións para os maiores
Un ano máis ofrecémoslles a todos os maiores do Concello de Samos a posibilidade de gozar duns días de vacacións en Alicante. Serán do día 16 ao 24 de abril.  
Estamos convencidos de que o teñen ben merecido. Disfrutar xuntos dun clima máis cálido, da paisaxe e costumes…, gozar compartindo experiencias, a amistade, o humor,  non só é bó senón tamén recomendable para a saúde integral da persoa.
Para poder organizar e reservar necesitamos saber con cantas persoas contamos.  
Animádevos
¡merece a pena!
apuntarse antes do día 1 de marzo

Cartas desde a vida

Ola, amigos:
Di o refrán: o grao non fai o graneiro pero axuda ao compañeiro. Gran verdade que ninguén pode negar. Algo parecido pasa na nosa vida: ninguén pode vivir aillado totalmente. Todos necesitamos, en algún momento, dos demais.
Así o experimentamos e o vivimos na familia e na parroquia. Os lazos de comuñón que existen entre nós, o respecto mutuo, a acollida humilde, o saúdo franco, a colaboración xenerosa…fan posible unhas relacións fraternas que axudan, sen lugar a dúbidas, a facer máis doada e esperanzada a convivencia e a mesma vida nos nosos pobos.
Sendo diferentes e pensando distinto somos capaces de compartir os mesmos camiños, a mesma igrexa, a mesma fe... Nesta realidade na que vivimos e que nos envolve, todos e cada un de nós estamos chamados (non obrigados) a poñer xenerosamente o noso grao de area. Por pequeno que sexa será sempre importante para toda a comunidade. Ninguén é imprescindible pero sí todos somos importantes.
Os desánimos, as apatías e tamén, a veces, a nosa falta de colaboración, non impide recoñecer que a nosa realidade nas súas múltiples manifestacións é unha realidade rica en valores humanos e cristiáns.
Todos temos na mente accións, xestos ou actitudes que poñen de manifesto toda esta riqueza. Menciono simplemente unha destas accións que nos importa a todos: as contas de cada unha das parroquias. No mes de xaneiro témolas que presentar no Bispado para ser declaradas a Facenda. Como afecta á vida da comunidade parroquial, por iso é bó que as coñezamos. Nelas podemos ver como o grao de area que algúns (ou moitos) foron aportando ao longo do ano fixo posible que non tivesemos que interrumpir a nosa actividade pastoral por falta de recursos. Destas aportacións todos saímos beneficiados.
A todos, moitas grazas.                 Miguel Gómez Vázquez

Ano Xubilar Paulino

Outro anaquiño da vida de San Paulo ?
Tí e mais eu, que imos reconstruíndo algúns episodios da vida de San paulo, seguimos dicindo ser crentes, non si? Cremos en Deus porque temos oído falar del ou porque o imos descubrindo presente na nosa vida?
Paulo, que xa o situaramos na folla anterior:  o seu pobo e súa familia, era xudeo. Estudaba cun afamado mestre da Lei en Xerusalén, chamado Gamaliel. Paulo era totalmente coherente na súa vida con aquilo que cría ser a verdade. Sendo un mociño novo, estivo presente na lapidación dun mozo cristián, chamado Estevo, que morría pedindo ao Señor perdón por aqueles que o estaban apedrando. Paulo debeu quedar moi impresionado.
Mais el continuaba perseguendo aos cristiáns, como se fosen unha secta coa que había que acabar. Cando un día se achegaba a unha cidade chamada Damasco, con credenciais que lle daban dereito a traer presos aos cristiáns que atopase. Sen saber como, unha luz atravesou a súa persoa e a súa vida. De tan clara e tan forte que era aquela  luz, cegouno.
Só puido escoitar: “Saulo!, Saulo! Por que me persegues”? El respondeu con outra pregunta: Quen es tí, Señor? A resposta que recibiu foi: Eu son Xesús a quen tí persegues.

Que màis? Porque isto pode iluminar a nosa fe, continuaremos. Ata a próxima!
Resumo económico 2008 San Mamede do Couto

Gastos:

  1. Luz de todo o ano.........................................30,68 Euros
  2. Calendarios...................................................56,00 Euros
  3. Fotocopias, Cirio Pascual, velas,  flores.........55,00 Euros
  4. Soporta Cirio Pascual..................................120,00 Euros
  5. Colecta Domund.............................................6,10 Euros
  6. Colecta campaña contra a fame.....................19,00 Euros

TOTAL........286,78 Euros
Ingresos:

  1. Cepillos e donativos............................293,00 Euros
  2. Colecta Domund....................................6,10 Euros
  3. Colecta Campaña contra a fame...........19,00 Euros

TOTAL.....318,10 Euros
En resumo:
Total ingresos do ano 2008............318,10 Euros
Total gastos do ano 2008...............286,78 Euros
superávit do ano 2007.................1.135,79 Euros

saldo actual (superávit).......1.167,11 Euros





Nº 80 Luns, 10 Mar 2008
- Perdón
- Lembramos
- Cartas desde a vida
- O ano cristián ou litúrxico
- Somos comunidade eclesial
Nº 77 Mércores, 10 Dec 2008
- Cartas desde a vida
- O ano cristián ou litúrxico
- Somos comunidade eclesial
- Lembramos
Nº 65 Xoves, 3 Feb 2005
- Editorial
- REPORTAXE
- LEMBRAMOS
Nº 63 Sábado, 27 Nov 2004
- Hola amigos
- O ano da Eucaristía
- A misa é a festa familiar
- Nadal no Noso Lar
- Colecta do DOMUND
- Catequese

Fundación O Noso Lar
San Román de Lousada 27620 SAMOS (Lugo)
Teléfono/Fax 982.18.70.04
contactar