|
Compartindo (Folla interparroquial)
| Nº 63 |
sábado, 27 de noviembre de 2004 |
| Hola amigos |
Ó principio do mes de novembro tiven a oportunidade e a sorte de encontrarme e parolar cun señor de noventa e tantos anos. Si, digo ben: a oportunidade, unha ocasión propicia que non se ten tódolos días; e a sorte, porque é realmente unha boa sorte encontrarse e falar con estas persoas que son sinxelas e profundas fontes de humanidade e de sabedoría.
A súa axilidade para moverse, a súa lucidez falando e a ledicia que reflexaba no seu rostro, provocaron en min unha sana, penso eu, curiosidade. Pregunteille agarimosamente: tenme que dicir cal é o secreto para manterse tan ben como está vostede. Aseguro que non era por cotilleo nin por mero cumprimento. Eu mesmo me sentía interrogado pola súa presencia.
¿Quere que llo diga?, díxome él, todo decidido. Pois claro, contesteille eu. Son amigo de Deus, respondeu orgulloso e todo convencido; e continuou decindo: ... intento ser amigo de todos, eu ahora estou para cando El queira; se me deixa chegar ós cen, pois mellor, ¡celebrareino! Non pensou a resposta, nin rebuscou as palabras. Notábase que saíran tal como as sentía. ¡Qué bonita experiencia! Recoñezo que me sorprendeu gratamente esta resposta. Deume moito que pensar.
Ser amigo de Deus: supón confiar nel e desde ahí vivir con confianza; supón descubrilo e acollelo na nosa vida tamén como amigo. ¡Canto se pode aprender da experiencia dos nosos maiores! Neste encontro eu descubro que vivir con humildade e con naturalidade, sen medos nin prexuízos, a amistade con Deus e cos demais axuda a vivir con esperanza. Se queres ser portador de esperanza, cultiva o regalo da amistade. ¡Merece a pena!.
Ata a próxima, recibe un amistoso saúdo. Miguel. |
| O ano da Eucaristía |
| O Papa Xoan Paulo II proclamou este ano como ano da Eucaristía, da Misa. Por iso dende este espacio da folla interparroquial imos ir, pouquiño a pouco, descubrindo a grandeza do que facemos cando celebramos a Misa. En cada folla tratarase sobre un aspecto do que é a misa, para o final de curso ter unha pequena reflexión sobre a eucaristía.
Imos a comenzar a reflexión profundizando na Misa a partir da celebración das festas familiares. |
| A misa é a festa familiar |
Calquera persoa que experimentara a calor das celebracións familiares, seralle fácil comprender, vivir e profundizar o que é a Misa.
Ó longo do ano e da nosa vida, certos acontecementos implican afectivamente a tódolos membros dunha familia: nacementos, cumpleanos, casamentos, aniversarios. Nestas ocasións todos participan dalgunha maneira, xa sexa na preparación ou na celebración. A vida sae da rutina diaria e a familia síntese máis unida.
En calquera dos eventos que antes citamos, existen elementos que merecen unha atención especial: o misterio, a celebración, o rito ou comida.
O Misterio: É a actitude que adopta a mente frente unha verdade que nos supera. As cousas máis alá do que son, tamén son o que significan. E dicir, en tódalas cousas escondese un sentido máis amplio e profundo do que xa coñecemos. Penetrar na amplitude deses sentidos é o que chamamos "misterio". Por exemplo: o xesto mecánico do vendedor que entrega unha rosa a un comparador adquire un significado novo e máis rico se o realiza unha parella de enamorados. Eles non só descubrirán, de inmediato, ese significado, senón que ó descubrilo, viviráno con maior intensidade. Gracias a esa experiencia o amor medra. Por moi repetitivos que sexan eses xestos, sempre dirán algo novo. O noivo que lle entrega unha rosa a súa noiva, está celebrando o misterio do amor.
Así, nas familias celébrase o amor nos casamentos, o don da vida nos nacementos, a fidelidade nos aniversarios da voda. En cada celebración hai un misterio oculto e revelado, ó mesmo tempo. Esa é a alma de cada festa familiar.
A Celebración: Celebrar ou festexar non é o mesmo que divertirse. O obxetivo da diversión é a satisfacción propia, o placer. A celebración ou festa ten un sentido comunitario. Hai algo que nos une a todos. O misterio está presente, creando entre todos un mínimo de comunión. Nas festas ou celebracións observanse determinados ritos e normas, mais ou menos fixos e aceptados por todos, que constitúen unha especie de idioma común, por medio do cal é posible comunicarse. Tales ritos poden ser cantos, bailes, aplausos, discursos improvisados ... Tampouco falta a comida e a bebida, xa sexa máis ou menos abundante. Ninguén come ou bebe para saciarse, nin puro placer, senón porque a comida é compartida para celebrar. Tanto o gran banquete como un simple trozo de pán compartidos para celebrar algo, teñen o mesmo sentido, un sentido, en certo modo sagrado.
A Comida: Como xa dixemos, a comida ten un lugar destacado nas celebracións familiares. Comemos para repor enerxias, pero tamén comemos por puro placer. Pero o importante e ter en conta que comemos e bebemos para celebrar. O reencontro de dous amigos celébrase tomando un café ou compartindo unha comida. Son celebracións ó redor dunha mesa, donde o importante non é o que se come ou bebe senón os sentimentos que se comparten.
Por este motivo, as grandes relixións realizan comidas ou banquetes sagrados nas suas celebracións liturxicas. |
| Nadal no Noso Lar |
| A todas aquelas persoas que viven soas, invítaselles a pasar o Nadal na casa de acollida "O Noso Lar", desde o día 19 de decembro ó 16 de Xaneiro, en pensión completa. Tamén se invita ós que non poden pernoctar, a que se acerquen para xantar e cear en Noiteboa, día de Nadal, Fin de ano e día de Aninovo. Así como para participar nas distintas actividades que se organizan no tempo de Nadal. Nos facilitaremos os translados. ¡Agardamos por ti! |
| Colecta do DOMUND |
| Lousada | 50 Euros | | Romelle | 5,50 Euros | | Zoo | 30,11 Euros | | Montán | 11,19 Euros | | Estraxiz | 33,70 Euros | | San Mamede | 11,90 Euros | | Suñide | 5 Euros | | Teivilide | 17, 90 Euros | | Castroncán | 10,25 Euros | | Pascais | 5 Euros | | Loureiro | 5 Euros |
|
| Catequese |
| Con tódolos rapaces/as que xa fixeron a primeira comunión e queiran seguir o proceso de iniciación na fe cristiana, comenzamos a catequesis os sabados ás 12 da maña en Lousada. |
|