Xermolos
  Nacemento e constitución legal
  Logotipo
  Órganos rectores
  Domicilio social
  Parroquias
  Calendario
  Pastoral
  Axenda de Actividades
  Compartindo
   (Folla interparroquial)
  Foro
  Boletín semestral
  Colaboradores

Páxina patrocidada por Clinor


Xermolos


A Fundación O Noso Lar nace con vocación de servicio á xente da nosa terra, como froito dunha Misión Compartida por dúas comunidades de relixiosas, tres curas e os propios veciños das parroquias do concello de Samos. Este traballo conxunto é o que nos alenta nas dificultades ademais de posibilitar un servicio dirixido a integrar tódolos sectores da poboación, fomentando a solidariedade e convivencia interxeracional. Xorde do desexo de integra-la fe e a vida, de vivi-lo anuncio da Palabra e o compromiso social coma unha esixencia e ó mesmo tempo unha resposta da fe.

Nace como resultado dun proceso, que comenzou no ano 1988, e como resposta a unha situación concreta. Os valores da hospitalidade, da xenerosidade e gratuidade das xentes destes pobos, facilitaron e estimularon, en todo momento, a comunicación e o diálogo. Pilares fundamentais de calquer proceso comunitario. Un proceso no que a forza do Evanxeo preséntase como o elemento dinamizador de toda a tarefa que se realiza e se promove.

En todo este contexto, e como froito da interacción de todos estes factores, nace a Fundación O Noso Lar co obxectivo prioritario da atención integral á poboación rural, marxinada ou en estado de necesidade, e de maneira particular á terceira idade. Asimesmo pretende a animación e revitalización dos núcleos rurais de todo o Concello de Samos.

Fundación O Noso Lar
San Román de Lousada 27620 SAMOS (Lugo)
Teléfono/Fax 982.18.70.04
contactar