|
A Fundación O Noso Lar consciente e preocupada pola difícil situación do mundo rural galego, desde a súa orixinal e permanente vocación de servizo á xente da nosa terra, aposta pola dinamización da vida rural. Desde un traballo organizado con xenerosidade e gratuidade. Enfortecendo o texido social, fomentando a convivencia e solidariedade interxeracional. Esta pretensión vese reforzada pola riqueza cultural e paisaxística das nosas poboacións, e polos valores humanos e cristiáns que fan máis doada e esperanzada a vida das comunidades parroquiais.
|
Os primeiros destinatarios de toda esta acción son os nosos maiores. A finalidade de O Noso Lar é axudarlles a envellecer ben, axudar a que o amor deles e a eles sexa un estímulo poderoso para vivir moito e felizmente. Os protagonistas desta apaixoante tarefa son os voluntarios que coa súa colaboración fan posible a conciencia colectiva de que a vida cando se comparte gratuitamente resulta máis agradable, ilusionante e esperanzada. Fan posible, en definitiva, olla-lo futuro con ilusión, esperanza e cheos de confianza.
|