|
Pastoral
PROGRAMACIÓN PASTORAL PARROQUIAL 2007-2008
| COA XENTE NOVA |
COA XENTE MAIOR |
| Voluntariado |
| Promover e potenciar o voluntariado conscientes de que é unha dimensión importante da nosa misión. Apoiando e acompañando ós voluntarios, respectando sempre a súa autonomía e liberdade. Sabedores de que a solidariedade é hoxe unha das formas de dicir "Deus". |
 |
| Xuntanza de confirmados |
| Será o día 11 de maio en Lousada ás 13 h. Estades invitados tódolos mozos/as confirmados nos 12 últimos anos. Unha xornada para a convivencia e para conmemorar o aniversario da nosa confirmación. |
 |
| Campamento |
O Campamento para rapaces/as de 9 a 17 anos será do 15 ó 24 de Xullo. Hai que anotarse antes do 8 de xuño |
 |
| Curso de Directores de Campos de Traballo |
| Para aqueles que teñan o correspondente título de Directores de Actividades de Tempo Libre. As datas poñeranse dacordo cos posibles participantes e coa Escola que imparta o curso. |
 |
| Experiencia Pascual |
| Para mozos/as maiores de 18 anos que desexen vivir a experiencia de Deus... na oración e celebración comunitaria da fe; no encontro consigo mesmo e cos irmáns; na gratuidade do compartir. Ofrecemos a posibilidade de vivir o Tríduo Pascual orando e celebrando coa xente do mundo rural; compartindo casa, comida, tempo e inquedanzas; creando espazos para a oración en grupo. |
|
| Encontros de lecer |
| Encontros para compartir o humor, a sabedoría, a amistade, a fe, a vida... Serán en Lousada os días: 18 de novembro, 28 de decembro, 24 de febreiro, 27 de abrile 30 de maio. En Lóuzara: 24 de novembro, 29 de decembro, 2 de marzo, 4 e 30 de maio. |
 |
| Nadal no Noso Lar |
| Ás persoas maiores que vivan soas invitámolas a pasar conosco o Nadal. |
 |
| Homenaxe ós maiores de 90 anos |
| O día 27 de xullo teremos unha xornada de convivencia e homenaxe ós maiores de 90 anos de todo o Municipio de Samos . Será no Priorato en Lóuzara. |
 |
| Vacacións – convivencia cos maiores a Cantabria |
| Do 3 ó 12 de abril, tódolos maiores de 60 anos que queiran iremos pasar uns días de convivencia a Cantabria. Anotarse antes do 9 de marzo. |
 |
| XVIII Festa de convivencia cos maiores |
| Todo o que somos e temos debémosllo ós nosos maiores. Como mostra de agradecemento , celebramos unha festa adicada a eles. Será o 24 de Agosto en Santalla de Loúzara. |
 |
| Excursión interxeracional |
| É fermoso que de vez en cando toda familia, avós,pais e fillos pasemos unha xornada de amizade e convivencia fora dós nosos lugares cotiáns; por iso o día 2 de agosto iremos xuntos, tódolos que queiran, a pasar o día a Boiro e Pobra do Caramiñal. |
|
Obxectivo para este curso
Estamos a vivir unha época complexa no que se refire á transmisión da fe ou a vivencia da experiencia do Deus Cristián. Na radiografía que faciamos das nosas comunidades parroquiais, constatabamos que hai un grupo considerable de persoas que está a vivir a fe nun estado aletargado; outros vívena de forma moi superficial. Non se percibe convencimento nas crenzas. Hai moi escasa apetencia relixiosa, indicio dunha espiritualidade máis ben pobre.
Toda esta situación é unha alarma para que nós, os animadores de pastoral, non nos acomodemos a esta cultura actual, senón que polo contrario, procuremos por tódolos medios (oración, estudio, reflexión) coidar e fortalecer a nosa propia identidade: somos enviados, misioneiros, portadores dunha Boa Nova. Vivir esta experiencia constituie o primeiro e fundamental obxectivo de toda acción pastoral. Non podemos transmitir o que non temos.
Cando vivimos esta experiencia de Deus, convertímonos en transmisores desa Boa Nova que é o Evanxeo. Estamos transmitindo a fe como un valor fundamental da nosa vida. Sendo isto o punto de partida e ó mesmo tempo o motor da transmisión da fe, sin embargo para os animadores non é suficiente. A responsabilidade que se deriva do ser enviados lévanos a preparar con esmero as homilías e darlle cohesión a toda celebración litúrxica. Este aspecto constituie a segunda parte do obxectivo que nos propoñemos para este curso.
Queremos facelo desde unha espiritualidade da fidelidade e non do éxito, tal como fixo Xesús: non buscaba o éxito, nin o Pai llo pedía, senón permanecer fiel á vontade de Deus, seu Pai. Unha espiritualidade da responsabilidade e da gratuidade; da confianza e da esperanza. Sendo en todo momento portadores da vida e da esperanza que brotan da Resurrección.
Compartimos e celebrámo-la fe
No Domingo, Día do Señor
Un día especial para descubrir a Palabra de Deus como unha palabra de vida, de esperanza, de luz e de amor… e compartila na comunidade cristiá que se reune para celebrar a Eucaristía. Este descubrimento tennos que levar a preparar con esmero as homilías e intentar que toda a celebración teña cohesión: cantos-monicións-homilía-peticións-prefacio-envío.
Na visita ós enfermos
Desde unha espiritualidade da opción polo pequeño, queremos redescubrir a fe, a fidelidade, a capacidade de sacrificio dos enfermos e persoas maiores. Escoitar sen presa, acoller e conectando coas súas vidas. Deixándonos evanxelizar por eles e estando en sintonía co amor de Deus, que se ocupa individualmente de cada un dos seus fillos.
No sacramento do Matrimonio
A través deste sacramento Deus bendice a unión conxugal. Sería un momento para a reiniciación cristiá: para despertar á experiencia da fe e á vida cristiá.
No sacramento da Unción de Enfermos
Como sacramento da presenza cercana do Señor, para obter a forza necesaria nas dificultades dunha idade avanzada ou da enfermidade, intentaremos potencialo. Celebrarémolo comunitariamente en Montán o día 18 de maio.
No Sacramento do Perdón
Anunciar a misericordia e a bondade de Deus han de ser as premisas que nos estimulan a vivir cunha permanente actitude de conversión. Deberían provocar no cristián un desexo sincero de encontro persoal e comunitario con Deus. Deixándose así reconciliar con El.
Medramos na fe
Catequese de poscomunión
Se a fe ha ser vivida en comunidade, a primeira pedra desta comunidade é a familia. Por iso en todo o proceso da catequese, dende o Bautismo á Confirmación pedimos a colaboración e presencia de todos aqueles pais/nais que queredes que os vosos fillos/as empecen ou continuen o proceso da iniciación cristiana na fe. Será en Lousada os días: 4 de Janeiro, 10 de febreiro, 6 e 20 de abril, 18 de maio.
No Bautismo
O sacramento do bautismo é a incorporación primeira a comunidade cristiá dun novo fillo de Deus. Un momento oportuno para presentar ós pais a fe como un regalo que terán que cultivar e vivir. Preparar con eles a celebración será unha boa catequese de iniciación.
Na Primeira Comunión
Os nenos/as que desexen recibi-la primeira comunión deben de estar cursando 3º de Primaria ou ter 9 anos; ademais de recibi-la catequese oportuna. Para elo é necesario que os pais nos avisen a principio de curso.
Na Confirmación
Este curso non teremos catequese de confirmación xa que hai moi poucos mozos/as.
Encontros de formación cristiá
Para o equipo teremos o primeiro encontro o día 25 de novembro sobre o ano litúrxico e o advento.
O día 27 de decembro en Lousada hai unha charla-coloquio sobre a orixe e actualidade do Nadal.
Os días 14 e 15 de marzo ás 9 da tarde. Serán encontros de diálogo sobre cuestións relacionadas coa Pascua e coa nosa fe.
Radiografía das nosas comunidades parroquiais
1.- Rasgos:
• parroquias moi pequenas con poboación moi envellecida, dispersa e distante dentro da mesma parroquia e da Igrexa parroquial.
• Moita soedade e baixa autoestima en xeral pero sobre todo dos maiores.
• Non hai mentalidade de comunidade cristiá nin eclesial.
• Está máis arraigada a idea de parroquia (parroquismo).
• Hai persoas, que a nivel persoal, viven a súa fe dunha forma comprometida. Sen pretendelo e dunha forma discreta son un tesouro para a Igrexa e consolo e esperanza para nós.
• As familias (salvo excepcións) deixaron de ser transmisoras da fe e lugares privilexiados da experiencia cristiá.
• As persoas maiores manifestan ter: unha fe hereditaria, pero convencidos. Son receptivos aínda que pouco críticos. Hai un grupo considerable que está a vivir a fe nun estado aletargado.
• Os adultos e os mozos admiten o feito relixioso, viven unha fe moi superficial (de ocasións), obsérvase bastante deixadez e indiferencia . Síntense dentro da Igrexa pero a súa maneira. Normalmente non se percibe un convencimento nas súas crenzas.
• En xeral existe respecto dentro das celebracións litúrxicas.
• Con excepción dun grupo non moi numeroso de persoas maiores, hai moi escasa apetencia relixiosa, indicio dunha espiritualidade máis ben pobre.
• Tamén existe un grupo reducido alonxados da vida da comunidade: máis ca crer en Deus, cren que Deus existe. Aínda que se autocalifican como cristiáns e católicos, son "católicos sen Igrexa, sen Cristo Salvador e sen Deus Pai".
2.- Signos alentadores:
• A cercanía, receptividade e a acollida da xente.
• A súa capacidade de compartir xenerosa e gratuitamente.
• A frondosidade do entorno natural.
• A harmonía que existe entre todo o creado e tamén cos defuntos.
• A relixiosidade natural da xente(relixiosidade celta= natural).
• As Igrexas restauradas.
• Unha minoría de crentes que intentan vivir (a nivel persoal) máis comprometidamente a súa fe.
• A liberdade para participar na liturxia .
• Un proxecto evanxelizador e un equipo que traballa e busca unido.
• A presenza dun grupo numeroso de voluntarios
• Un cura máis respectuoso, máis humilde e servidor.
• O respecto que se observa para coas celebracións.
• Unhas celebracións litúrxicas dignas e coidadas.
• As Celebracións da Palabra.
• O movemento que hai entorno á celebración do Tríduo Pascual.
3.- Signos preocupantes:
• As distancias e dispersión.
• Un proceso de descristianización crecente
• Predominio dunha "fe subxectiva" máis ca personalizada
• As preocupacións da Igrexa oficial van moitas veces por camiños distimntos os da xente.
• A falta de coherencia e radicalidade dos que nos sentimos cristiáns.
• A situación dos nenos e mozos.
• A ignorancia en cuestións relixiosas.
• A rutina e falta de estímulo.
• Non está claro que a fe fe sexa considerada como un valor importante.
• A escasa participación activa nas celebracións litúrxicas.
• A decadencia do sacramento do Perdón e pouco interese pola Unción de Enfermos.
• A deixadez e abandono progresivo e nada reflexivo dos adultos e mozos con relación ó tema da fe e da Igrexa; e tamén de moitos maiores.
• Celebracións litúrxicas pouco" pedagóxicas" e vivenciais. Pouco "atractivas".
• A soidade de moita xente.
Raíces da nosa actual situación
1.- Cambios sociais e culturais rápidos e profundos:
• Moita emigración. Poucas ou nulas posibilidades de traballo e perspectivas de futuro.
• Dáselle valor absoluto a algúns bens humanos (diñeiro, riqueza, o benestar, o privado, o poder, ...), considerándoos incluso como deuses.
• crisis de valores.
• Toda tradición está sendo cuestionada desde a súa mesma raíz.
• Crisis das institucións que encarnan, transmiten e actualizan as tradicións: a familia, a escola, os sindicatos, os partidos políticos, a Igrexa.
• O individualismo: a independencia do individuo por encima da tradición e da colectividade.
• Unha realidade (da que formamos parte) que apenas ten valor porque non lle vemos o sentido: "total... para qué?".
• Con frecuencia contemplamos o pasado máis ben "negro" (frustracións, fatigas ...) que nos leva a ver o futuro tamén "negro", sen ilusión, sen esperanza: Dase unha crisis de sentido. Ten sentido...?.
• Búscase o sentido no "producir e no consumir". Trátase dunha saída falsa ao vacío de sentido da vida humana.
• O diñeiro convértese nun sucedáneo de Deus.
• Se o pasado é "negro" e o futuro non se ve mellor, entón só queda disfrutar do presente.
• O consumismo: consumir para satisfacer deseos e necesidades innecesarias.
2.- Debilidades e infidelidades da cumunidade cristiá:
• Descuidouse o cultivar a experiencia da fe, a experiencia persoal do Deus cristián.
• Ofreceuse ou transmitiuse un cristianismo de rebaixas, deixando de lado os temas que constituien o núcleo fundamental.
• Coa idea de "renovar a Igrexa" caemos na tentación de acomodarnos á cultura actual sen cuidar a propia identidade, en vez de adaptarnos ou actualizarnos mantendo a identidade.
• A mediocridade, o desánimo, a acomodación á "cultura ambiente" reflexan unha crise do seguimento.
• Insistiuse (no pasado pero tamén no presente) máis na norma (na ética) que na fe. A contemplación e a oración non ocuparon o lugar que lles correspondería.
• Dentro da Igrexa dase tamén a "cultura do fragmento".
• A tentación permanente de confundir e suplir a radicalidade evanxélica co rigorismo. Xesús foi radical non rigorista.
Lectura crente da nosa situación eclesial
1.- Signos do "novo día" que se empezan a ver na "noite escura":
• Asumir con humildade e con paz a parte que nos corresponde de responsabilidade e de pecado na situación existente.
• Nesta realidade na que "ir morrendo" a moitos costumes, tradicións, ambientes, cultura, ... a chamada para os cristiáns é ser portadores da vida e da esperanza que brotan da Resurrección.
• Como equipo de pastoral somos para toda esta zona un "resto" no senso bíblico. Temos unha gran responsabilidade e unha apaixoante tarefa suscitada, animada e guiada polo Espírito: facer que o Evanxeo sexa Boa Nova, que a fe cristiá sexa significativa no mundo que vivimos, ...
• Para todo isto contamos con moitos signos de extraordinario valor:
o A cercanía e a sinxeleza da xente e tamén nosa.
o A solidariedade e a gratuidade.
o A confianza que teñen en nós.
o A opción polo pequeno.
• As dificultades que existen para evanxelizar, estimúlannos para buscar experiencias humanas significativas para os nosos interlocutores; e tamén a coidar moito a nosa pedagoxía para propiciar o seu encontro co Deus que está no fondo desas experiencias.
• O "vacío de Deus" provoca unha necesidade relixiosa. Esta situación pode facilitar o anuncio do Deus cristián.
• A situación descrita recórdanos que o Protagonista da Salvación é Deus, quen actúa a través do seu Espírito, e non nós. Non somos conquistadores nin salvadores, senón os seus colaboradores.
• Para vivir con esperanza esta realidade é necesaria a conversión. E non hai conversión cristiá sen un encontro persoal e comunitario con Deus: "volver a Deus e deixarnos reconciliar con El"
2.- Unha espiritualidade para a nosa realidade:
• Unha espiritualidade da fidelidade e non do éxito. Xesús na súa experiencia humana foi comprendendo que o Pai lle pedía fidelidade e non éxito.
• Unha espiritualidade da opción polo pequeno. Posibilítanos redescubrir o valor de moitas realidades pequenas: a fe da xente, a fidelidade de moitos matrimonios, a capacidade de sacrificio,...
• Unha espiritualidade da confianza frente á seguridade e o optimismo. O amor irrevocable de Deus Pai, a enerxía da Resurrección do Señor e a actividade incesante do Espírito na historia son os cementos sólidos da confianza.
• Unha espiritualidade da esperanza e non da nostalxia. A esperanza arráncanos da nostalxia do pasado (que produce tristura e pasividade) e oriéntanos a construír o futuro posible e ábrenos ó futuro definitivo.
• Unha espiritualidade da cercanía frente á distancia. Deus quixo compartir "desde dentro" a dignidade e a servidume de ser home.
• Unha espiritualidade da paciencia activa frente a ansiedade. Respecto ó ritmo das persoas. É unha paciencia orante e activa.
• Unha espiritualidade da sanación, non da condena: Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se salve o mundo.
• Unha espiritualidade da responsabilidade, non do culpabilismo. Non podemos cruzarnos de brazos diante do que poidamos facer. Non somos responsabeis do ben que non podemos facer nin do mal que non podemos evitar. (Evitar a tentación de culpabilizar ós demais).
• Unha espiritualidade da gratuidade: Dade gratis o que gratis recibístedes.
Todos estes rasgos non serán tales se non brotan e conducen á oración.
As claves dunha verdadeira renovación
Unha fe interiorizada, personalizada, pasada polo corazón:
o O Cristianismo é fe viva (vivida, feita experiencia).
o Esta experiencia de fe non implica só o asentimento da mente senón que compromete os afectos, os valores e a vontade.. Non é asunto de sentimentos senón do corazón.
o Vivir a experiencia da fe supón vivir a experiencia de Deus.
o A iniciación e a reiniciación levan consigo despertar á experiencia da fe e á vida cristiá.
o Para elo é imprescindible aprender a orar. Na oración abrímonos a Deus e aos irmáns. É o lugar privilexiado para discernir sobre a nosa vida á luz da fe e da Palabra de Deus.
Unha fe que nos leva ó seguimento e se fortalece no seguimento
o Seguir a Xesús consiste en asumir como propias as opcións, os valores, as actitudes e os comportamentos de Xesús e actualizalos na nosa vida de cada día.
o Significa vivir con alegría a experiencia da verdadeira liberdade. Vivir con radicalidade a nosa opción.
Unha fe recibida, vivida, compartida e celebrada na comunidade
o Para vivir e conservar a fe católica cada vez é máis necesario pertencer a unha comunidade.
o A imaxe e semellanza das comunidades do N.T.
Unha fe que evanxeliza
o Evanxelizar é decir si ó proxecto salvífico de Deus e colaborar con El = vivir a fe comprometidamente.
o A evanxelización leva consigo redescubrir a fe e ofrecela con entusiasmo, con humildade, convencidos = comunicar a nosa experiencia de Deus.
o Os pobres non só son os destinatarios da nosa evanxelización, senón que son tamén intermediarios da salvación de Deus.
o Na tarefa evanxelizadora ter máis en conta a calidade que a cantidade.
Prioridades
• Acompañamento persoal aos crentes e persoas en xeral: escoitar sen presa, acoller, conectar coas persoas nos momentos especialmente densos da súa existencia. Estar en sintonía co amor de Deus, que se ocupa individualmente de cada un dos seus fillos.
• A oración apostólica: unha oración ligada ao apostolado e nel encontra a súa orixe e o seu alimento. Prepara, acompaña e incluso releva a acción apostólica cando esta non é posible.
• Descubrir a Palabra de Deus como unha palabra de vida, de esperanza, de luz, de amor, ... Este descubrimento tennos que levar a preparar con esmero as homilías. Darlle cohesión a toda a celebración: cantos-monicións-homilía-peticións-prefacio-envío.
• Fomentar a participación de todos nas celebracións e tarefas comunitarias: cantos, respostas, lecturas, limpeza, etc.
• Reavivar o proxecto de misión compartida e o equipo pastoral.
• Unha presenza evanxelizadora: unha fe vivida con alegría comprometidos cos máis pobres.
• Coidar a formación do equipo e de cara a fora.
|