Parroquias

ROMELLE

ALDEAS

Vilameá: Aparece en documentos dos séculos XI-XII; podería significar Vila Mediana. É posible que se refira a un propietario chamado Medianus, home adulto de mediana idade.

Paraxuá: tal vez se refira a unha pequena parada ou pousada.

Romelle: a orixe da denominación de Romelle pode se-lo nome dunha muller, Romildi, condesa que viviu no século IX. Tamén pode ser que o nome veña do río Melle. No ano 1195 aparece por primeira vez mencionada como parroquia en distintos documentos co nome de Riomelli e tamén Sancti Martini de Romeli. Co paso do tempo estes nomes quedaron convertidos en Romelle.

HISTORIA

"Freguesía da provincia e diocese de Lugo, pertencente ó Concello de Samos. Situada sobre un riachuelo que desde o monte da Meda baixa ó río Sarria. Foi anexa da parroquia de Santa María de Loureiro. No ano 1891 deixou de ser anexa de Loureiro e pasou a se-lo de Santa Eulalia de Pascais. Na actualidade funciona como parroquia independente. O arquivo parroquial comenza a existir no ano 1893.

Polo ano 1750 había dous muíños fariñeiros, un el Romelle, no sitio da Ponte; e outro no sitio de Navares de Vilameá. Os principales accidentes xeógraficos son os regatos do Mogo e San Román, e o monte Custazo de 659 m de altitude."

IGREXA

"Consta dunha sinxela nave a dúas augas, sobre madeira con cinco vigas tirantes.Presbiterio á mesma altura da nave pero máis reducido en planta e separado da nave por un arco triunfal de medio punto. Retábulo neoclásico cun San Martiño do século XIX e un San Marcos do séculoXVI, un San Antonio e o Neno Deus. No ano 1996 levouse a cabo unha reforma que consistiu en cambear o lousado, picado das paredes e enfoscado de novo por dentro e por fora. Dado o mal estado en que estaban e o nulo valor artístico retiráronse os retábulos laterais deixando nas mesmas paredes uns pequenos altares para colocar a Inmaculada (do século XIX) e o Santo Domingo (do século XVI). Ten un Frontis con espadana de dous corpos. Pórtico típico da zona.

Celebrase a festa do Patrono, San Martín de Tours, o 11 de novembro.
O cemiterio está situado ó redor da Igrexa en boas condicións de limpeza e conservación. Existe un plano oficial do mesmo."